Interdependencia positiva: o mural do arrecife.
Mural do arrecife
Interdependencia positiva en 1º. Para fomentar a cooperación e a cohesión dos equipos, deseñamos esta dinámica arredor da creación do noso "Mural do Arrecife".
O proceso foi así:
🧩 Creación de puzzles: Cada equipo tivo que completar puzzles de animais mariños.
🎨 Traballo individual: Cada membro do equipo foi responsable de decorar unha parte do puzzle, compartindo material e decidindo conxuntamente o deseño.
🤝 Unión de pezas: Para que o animal mariño estivera completo, as pezas tiñan que encaixar e os equipos tiñan que colaborar.
🤩 O mural final: Cando cada equipo tivo os seus puzzles rematados, unímolos para crear este espectacular arrecife e creamos máis elementos para completalo .
Desta forma, o alumnado experimentaou que o seu esforzo individual é crucial para o resultado do grupo, reforzando a interdependencia positiva.










Comentarios
Publicar un comentario