Dinámica diaria de análise do recreo e de promoción da convivencia pacífica.

Todos os días cando subimos do recreo, gardamos as cousas e facemos unhas respiracións para volver á calma.

A continuación adicamos un tempo a falar das cousas boas e malas do recreo, cada nena/o ao que lle apetece levanta a man e comenta as súas experiencias.

Por cada cousa boa que nos pasou metemos un pompón de cores no bote de cousas boas, "o da bolboreta".

Por cada cousa "mala" metemos un pompón negro no bote da "crisálida" e intentamos entre todas/os buscar unha solución. Ás veces temos que ir ao recuncho da "boca-orella" (ver post anterior) e ás veces temos que ir á clase de 2°A a resolver conflictos con nenas/os do outro grupo, ou veñen eles/as a comentar algo. 

Os problemas poden ser unha oportunidade de aprendizaxe, por iso os contamos, para entre todos/as atopar solucións e mellorar.

O bote das "cousas boas" sempre está máis cheo que o das "cousas malas", iso alégranos moito e fainos reflexionar sobre a necesidade de mencionar as cousas boas que pasan, que son moitas e tendemos a olvidalas cando pasa unha non tan boa.

Parécenos fundamental adicar todos os días un momentiño á analizar o recreo, as cousas que nel suceden, as relacións que establecemos entre nós e con persoas de outros grupos.

O obxectivo é promover unha convivencia pacífica e habilidades de resolución de conflictos, así como habilidades sociais, empatía, etc. Todos os días do curso escolar, non só exclusivamente para conmemorar unha data.













Comentarios

Entradas populares