Proyectos compartidos

PROXECTO JANE JACOBS
No curso 2018/2019 @argallarquitectura (Sara Prieto Hortas) e eu realizamos un proxecto de arquitectura e educación, o "Proxecto Jane Jacobs", co alumnado da miña titoría de 2°EP do CEIP San Francisco Javier, e decidimos escribir un artigo para difundir a experiencia, que a revista galega do ensino (Eduga) publica no seu último número (79).


A idea principal do proxecto é que "as nenas e nenos son cidadáns de plenos dereitos que se deben involucrar nos cambios da súa contorna".

"Estamos seguras de que, tal e como menciona Tonucci, os espazos son ferramentas de aprendizaxe e de que, se deseñamos as cidades tendo en conta as necesidades da infancia e a súa opinión, crearemos espazos máis inclusivos e mellores para todos. As cidades son educadoras, a forma de habitar constrúenos e por iso debemos desenvolver un papel activo neste ámbito desde nenos."

Esperamos que sexa do voso interese, podedes lelo entrando no apartado de "experiencias" de http://www.edu.xunta.gal/eduga/ ou pinchando no seguinte enlace.

A continuación compartimos un breve vídeo que fixemos sobre a experiencia.


Comentarios

Entradas populares