Método de resolución de conflictos "boca-orella".
O método boca-orella consiste nun recuncho ou espazo na aula, no patio, no corredor, etc. no que as personas implicadas nun conflicto, solucionan o mesmo de xeito autónomo falando e chegando a un acordo.
Debemos ter un lugar fixo ao que acudan cando teñen algo que resolver entre eles/as. O alumnado implicado desempeñará dous roles: o de "boca" e o de "orella". Estes irán rotando en cada unha das posicións a medida que se presenten os argumentos. É dicir, quen comeza a discusión colócase no lugar da boca e explica o que pasou e como se sente. Mentres, a outra persoa implicada no conflito colócase no lugar do oído, polo que só pode escoitar o que di a boca, sen intervir.
En canto a primeira persona remate de refutar a súa opinión, é hora de comezar a escoitar. E será a outra persona quen presente as súas ideas. O intercambio de posicións repetirase ata chegar a un acordo.
O obxectivo é que as dúas personas escoiten os distintos puntos de vista do outro e poidan chegar a un entendemento.
Ao principio o profesorado estará preto do alumnado, procurando que sexan capaces de respectar a quenda de palabra, as opinións contrarias e logrando un vínculo entre ambos.
Actuaremos de guías neste sentido, apoiándoos e acompañándoos neste proceso. Reforzándoos positivamente e escoitándoos activamente, pero procurando intervir o menos posible.
Por outra banda, tamén pode usarse o papel dun "alumno/a mediador/a".
Unha vez explicado na aula o funcionamento deste recurso, chegará un momento no que poidan facelo sen mediación e de xeito autónomo.
Na nosa clase engadimos unha roda de emocións porque non sempre somos quen de poñer nome a como nos sentimos. É consideramos que é moi necesario como paso previo para a resolución de conflictos.
Comentarios
Publicar un comentario