Ecoalfabetización: ás árbores da nosa escola e búsqueda de tesouros naturais.
A "ecoalfabetización" é o desenvolvemento da capacidade das personas para "ler o libro da natureza". Comprender os principios básicos da organización da vida e asumir un estilo de vida máis respetuoso cos procesos naturais. Algúns dos seus principais referentes son: David Orr e Fritjot Capra.
"Coñecer, amar e coidar". O primeiro paso para desenvolver unha conciencia ecolóxica é coñecernos a nós mesmas e ás outras formas de vida coas que convivimos, para poder amalas e logo desexar coidalas.
Cando unha persona coñece o lugar onde vive, crea un sentido de pertenza á comunidade, e desa comunidade a un sistema maior.
Nesta sociedade tan individualista na que vivimos, educar ás nenas/os no respeto a sí mesmas e a outras formas de vida, para retecer os fíos das nosas redes comunitarias e sementar nelas o afán de coidar dende o respeto e a empatía é fundamental.
Trátase de despertar a empatía, a compasión e o amor para comprender que, o noso proceder pode afectar negativamente ou positivamente a outras formas de vida.
É por iso que este trimestre estamos a realizar un proxecto sobre a nosa contorna. E entre outras cousiñas, coñecemos ás árbores da nosa escola e buscamos tesouros naturais nela dando paseos pola nosa hortiña.
Pasear pola natureza cunha ratio dunha docente por 24 alumnas/os, sendo ademais un grupo "diverso", non é sinxelo... Os procesos levan tempo, pero van indo!
Comentarios
Publicar un comentario