Flipbook "o meu corpo" (descargable gratuito).

Durante o primeiro trimestre, dende a área de Ciencias Naturais, levamos a cabo un pequeno proxecto de investigación sobre o noso corpo.


Investigamos sobre como somos por fóra, por dentro e reflexionamos sobre a idea de que somos un corpo en contraposición á idea de que temos un corpo. Así como sobre a idea de que todos somos diferentes e igual de válidos/as.

Vimos vídeos, consultamos libros na biblioteca de centro e na de aula, experimentamos con maniquíes anatómicos, e como producto final creamos un flipbook resumindo algunhas das cousiñas que aprendimos.


DESCARGA: flipbook "o meu corpo"


Espero que vos sexa de axuda e vos inspire!

Comentarios

Entradas populares