Flipbook "O meu lugar no mundo" (descargable gratuito).

Durante o primeiro trimestre, dende a área de Ciencias Socias, levamos a cabo un pequeno proxecto de investigación sobre o noso lugar no mundo.

Unha viaxe que comezou investigando quen é cada un/unha de nós (como somos, que cousas nos gustan, que cousas non, que características pensamos que temos, cales nos atribúen os demais...), a nosa familia (todas diferentes e igual de válidas), a nosa escola, barrio, cidade, provincia, comunidade autónoma, estado/país, continente, planeta...

Para traballar a diversidade familiar limos e traballamos un conto do que falei nunha entrada anterior, "The family book", do autor Todd Parr.

Analizamos as estructuras sociais das que formamos parte e como podemos influir nelas, que iconas e símbolos como as bandeiras as representan, viaxamos pola nosa cidade a través de Google Earth buscando lugares significativos para nós como os nosos fogares, a biblioteca, etc., e como producto final creamos un flipbook que podedes descargar gratuitamente no seguinte link.

DESCARGA: flipbook "O meu lugar no mundo".

Espero que vos sexa de axuda e vos inspire!

Comentarios

Entradas populares