Tesouros da natureza
Este curso ampliamos o noso "recuncho de tesouros da natureza". Ao cofre que tiñamos o curso pasado engadimos unha prensa e un álbum para coleccionar flores e follas secas (a prensa e o álbum conseguinos en Flyingtiger).
O curso pasado descubrimos que unha das cousas que máis nos relaxaban eran pasar tempo na natureza, e como non sempre podemos, decidimos coleccionar tesouros da natureza na clase para cando necesitamos relaxarnos.
Para ler e reflexionar sobre a relación da natureza coa educación recomendo as seguintes lecturas:
- Los últimos niños del bosque de Richard Louv
- Vitamina N de Richard Louv
- El sentido del asombro de Rachel Carson
- Educar en el asombro de Katherine L´ecuyer
Comentarios
Publicar un comentario