Proxecto de aprendizaxe-servizo sobre alimentación (material descargable gratuitemente)

Durante o primeiro trimestre deste curso 2022-2023 na miña titoría de 2ºEP levamos a cabo un proxecto de aprendizaxe-servizo sobre a alimentación

Dito proxecto foi interdisciplinar dende as áreas de Lingua Galega, CCSS e CCNN, e a acción de servizo á comunidade que levamos a cabo foi organizar unha recollida de alimentos no centro educativo en colaboración co banco de alimentos da Coruña, "Rías Altas".

O aprendizaxe-servizo é un método para unir a aprendizaxe co compromiso social. É aprender facendo un servicio á comunidade

Algunhas das bases desta metodoloxía son:

- 1º: o verdadeiro éxito da educación consiste en formar bos cidadáns capaces de mellorar a sociedade e non só o seu currículo persoal.

- 2º: as nenas/os no son cidadáns do futuro, pero tamén son xa cidadáns no presente capaces de provocar cambios na súa contorna e poden contribuir a facer un mundo mellor.

- 3º: facer un servizo á comunidade, axudar a outras persoas, é un dos métodos de aprendizaxe máis eficaces, porque o alumnado atopa sentido ao que estuda cando aplica os seus coñecementos e habilidades nunha práctica solidaria.



Se queredes saber máis sobre esta metodoloxía recoméndovos visitar a seguinte páxina: https://www.aprendizajeservicio.net/que-es-el-aps/

Este é o "portfolio" no que recollimos os coñecementos que fomos adquirindo, as reflexións que levamos a cabo e as experiencias que disfrutamos.



DESCARGA: menú saudable





Espero que vos sexa de axuda!

Comentarios

Entradas populares