Benvida alumnado!

 


Detalle de benvida!

Tendo en conta a neurociencia, e o sentido común, crear un clima de aula positivo no que o alumnado se sinta cómodo facilitará o seu proceso de aprendizaxe; e isto podemos construilo dende os primeiros momentos.

Por iso, este curso decidín continuar a "tradición" de deixarlle ao meu novo alumnado un detalliño de benvida nas súas mesas cunha sorpresa... Que ten relación coa temática de centro para este curso...

Cambiar de etapa educativa, de titora, de aula, de grupo de compañeiras/os... pode ser todo un reto! Por iso, intentar comenzar cunha sorpresa e cun sorriso é o mínimo que podía facer!

Comentarios

Entradas populares