Bolboretas cooperativas (dinámica de cohesión artística).
Na 1º sesión de "Plástica" seguimos fomentando a cohesión dos equipos cooperativos da nosa aula creando entre as persoas que os forman unha bolboreta. Cos seguintes obxectivos:
Fomentar o sentimento de "comunidade": as propostas artísticas cooperativas promoven a cooperación e a interacción social. As persoas traballan xuntas para alcanzar un obxectivo común, o que crea un sentimiento de comunidade e pertenza.
Estimular a creatividade: ao colaborar con outras persoas, podes inspirarte en diferentes perspectivas e estilos. Por outra banda, grazas á cooperación, os grupos deben chegar a consensos, practicar a escoita activa e romper coa timidez para plantexar ideas.
Promover a concentración: a nosa realidade está chea de estímulos, realizar propostas que esixen estar concentradas/os é un bo e necesario entrenamento.
Desenvolver habilidades de traballo en equipo: as propostas cooperativas ensinan habilidades de comunicación e traballo en equipo, moi útil na cotidianeidade da nosa aula xa que traballamos maioritariamente en equipos cooperativos.
Embelecer o espazo: transformar o noso espazo de convivencia, a nosa aula, nun lugar cheo de cores e que nos guste é tamén moi importante.
A marioneta da bolboreta sacámola dun libro fantástico que limos o curso pasado cando investigamos sobre os vermes de seda "¿Qué esconde el capullo de una oruga?" da marabillosa @rachelignotofsky
Comentarios
Publicar un comentario