Detalle benvida (curso 24-25)
Crear un clima de aula positivo no que o alumnado se sinta cómodo facilitará o seu proceso de aprendizaxe, e isto podemos construilo dende os primeiros momentos.
Por iso, este curso decidín continuar a "tradición" de deixarlle ao meu alumnado un detalliño de benvida nas súas mesas cunha sorpresa qe ten relación coa temática de centro para este curso.
Este curso 24-25 continuamos coa temática da horta centrada nos hábitos saudables que dela se derivan e nos animais que habitan.
Á nosa aula é a das bolboretas, en concreto a "papilio machaon", unha das moitas que habitan a contorna natural da Torre de Hércules, e que cun pouco de sorte criaremos na aula.
Os procesos de aprendizaxe poden ser ás veces difíciles ou incluso xerarnos frustración, por iso, enfocalos dende a resiliencia e a mentalidade de crecemento vai ser unha das nosas estratexias.
Tendo isto en conta, "os procesos levan tempo" e "o que se traballa dentro... nótase fóra" serán dous dos nosos lemas este curso.
Comentarios
Publicar un comentario