A beleza do "lixo".

Unha das ideas que máis me gustaron da viaxe/ruta pedagóxica do curso pasado a Italia, a @remida_bologna (centro de reutilización creativa de materiais de refugallo) con @coloresrutaspedagogicas foi a idea de atopar a beleza nos materiais: atopar a beleza no cotidiano. Onde non é "común" atopala, por exemplo a beleza do "lixo".

É o noso xeito de mirar o que cambia os materiais, vendo as súas cualidades e posibilidades.

Fai uns días, unha compañeira comentoume que se ían expurgar algúns libros da biblioteca e decidín facer algunhas "creatividades" con eles.

Moitas veces pedimos ao noso alumnado que sexa "creativo", as mestras/es debemos ser exemplo de moitas cousas, tamén de creatividade, e a creatividade tamén se entrena.

Por outra banda, está a capacidade de darlles segundas vidas ou outros usos a diferentes obxectos, materiais, etc.

Para as/os amantes dos procesos, se hai moitas interesadas/os podo compartir o proceso de como construilas. Eran libros aos que lles saquei a portada e fun recortando a forma da metade da cabaza, despois unín coa termofusible a 1° e última folla, peguei un pao e decorei con restos de millo.





Comentarios

Entradas populares