"Sementes con ás". Contacontos: "todo comeza cunha semente".
Algunhas das cousas bonitas deste trimestre foron as relacionadas coa nosa horta e con todo o que aprendemos gracias a ela.
Durante o 1º trimestre recollimos algúns dos froitos da colleita do curso pasado e comezamos a preparar a nosa horta para o inverno.
O paso do verán ao outono, e a preparación para o inverno, fíxonos reflexionar sobre este ciclo da natureza.
En relación con isto, analizamos e recollimos sementes dos cultivos na nosa horta para volver plantalos "cando toque" e realizamos varios contacontos vinculados con este proceso.
Gracias a unha compañeira (Leticia) coñecín este conto tan bonito sobre o "ciclo de vida do sicomoro", unha árbore moi peculiar que ten unhas sementes con ás.
Limos o libro e analizamos as follas, froitos e sementes desta árbore que podemos encontrar en moitos barrios da Coruña, e sobre todo alucinamos co vó das súas sementes con ás, voan como helicópteros, convertéronse nun dos xogos máis utlizados durante este trimestre.
Recomento moitísimo o libro acompañado da experiencia de analizar a árbore e de experimentar xogando co vó das sementes con ás, nestas datas tan consumistas, darse conta de que hai elementos que poden ser igual ou máis interesantes que os xoguetes na natureza paréceme moi interesante!
Comentarios
Publicar un comentario