Ciclo de vida dos xirasois (proposta de ciencias, contacontos e horta escolar).
Outra das cousas bonitas deste trimestre, tamén relacionada coa horta, foi chegar das vacacións e ver canto medraran os nosos xirasois.
Recollimos a súa flor, secámola no rincón da horta da clase e procedemos a analizar as pipas e a gardalas para volver sementar xirasois este ano e volver comezar o ciclo. Gustounos experimentar sacándoas da flor seca!
Gracias ao equipo de Horta contamos cunhas "fichas de cultivo" nas que rexistramos todo o que sabemos sobre as plantas que sementamos/plantamos o curso pasado. Algunha información cubrímola gracias á observación directa do proceso e outra tivemos que buscala usando os ordenadores da aula de "polos creativos".
Tamén limos un conto "Dez sementes" grazas ao cal reflexionamos sobre os procesos e o noso lema de que "os procesos levan tempo". No libro plantan dez sementes e só unha chega a completar o ciclo, nós plantamos o curso pasado varias sementes de xirasol cada un, pero só conseguimos unha flor...
Isto levounos a reflexionar sobre que aínda que unha persoa faga todo o que pode, hai outros elementos externos que inflúen nos procesos, así que debemos estar sadisfeitos/as cando facemos o mellor que podemos, non frustrarnos, e seguir intentándoo!
Cantas leccións nos ensina a nosa hortiña!
Comentarios
Publicar un comentario