Misión "protexer a auga" (material descargable gratuitamente).
Fai unhas semanas a "protectora da auga" mandounos unha misión: protexer a auga empregando envases reutilizables para fomentar a reducción de plásticos dun só uso.
Creamos os nosos súper heroes/heroínas climáticas e cada día que usábamos un obxecto reutilizable conseguiamos unha "recompensa acuática", cando conseguimos 8, finalizamos a misión e recibimos un certificado desta heroína climática.
Foi moi interesante analizar os nosos hábitos de consumo a través desta dinámica e reflexionar sobre como con pequenos xestos podemos conseguir grandes cambios.
Como docente é unha dinámica moi sinxela da realizar porque todo o material necesario se atopa na páxina web www.un.org (buscando "superhéroes de la acción climática".
Comentarios
Publicar un comentario