Proposta velutinas (material descargable gratuitamente).
Dun tesouro que apareceu de xeito inesperado creamos un "centro de interese" e estamos aprendendo moitas cousas.
Un día na clase apareceu o que parecía ser unha colmea de abellas, observamos con moito detalle grazas á nosa lupa nova os seres que habitaban nela e... Démonos conta de que era un niño de vespas velutinas, polo que decidimos investigar máis sobre elas para aprender a diferencialas das abellas melíferas.
Observamos, especulamos, limos, escribimos, debuxamos, reflexionamos sobre a convivencia e o equilibrio dos ecosistemas...
Aproveitei a ocasión para que aprenderamos a diferenciar tamén textos informativos de textos ficticios.
Ás veces, nos procesos de ensinanza-aprendizaxe poden aparecer elemenros "inesperados" que se apoveitamos, poden servirnos para traballar contidos e habilidades vinculadas coa lectoescritura, co coñecemento dos ecosistemas e do seu equilibrio, con valores vinculados coa convivencia, etc.
DESCARGA: velutinas e abellas
Comentarios
Publicar un comentario