Proxecto pitiños (material descargable gratuitamente).
Durante +21 días coidamos e observamos 24 ovos de galiña autóctona de Mós, un proceso que nos ensinou, pero sobre todo nos emocionou moito (a pequenos e grandes, a alumnado e profesorado, da nosa aula e de outras...).
Entrenamos moitas cousas:
- A paciencia e a calma.
- A frustración (compartir, esperar...).
- A responsabilidade e o autocontrol (non tocar).
- A observación.
- A realización de hipóteses.
- A escritura no rexistro diario.
- A análise do paso do tempo co calendario.
- Matemáticas: calculando en que día do proceso estábamos, cantos días faltaban, temperatura, etc.
- Conceptos científicos como a condensación.
- A comprensión lectora.
- O pensamento crítico: "os animais non son xoguetes".
- O control emocional: a despedida.
- E un longo etc.
Foron + de 21 días de aprendizaxes, de entrenar a paciencia, de comprender o de que "os procesos levan tempo", de entender que os seres vivos non son xoguetes. Ás veces (moitas) ser mestra mola moito!
DESCARGA: infografía ciclo de vida
DESCARGA: folla de rexistro de observación diaria
Comentarios
Publicar un comentario