Detalle de despedida (marcapáxinas madeira).

Despedirse pode ser un proceso complexo, pero tamén fermoso!

Este curso decidimos crear cos recursos da aula de polos creativos un detalliño feito por nós para cada alumna/o. Creamos marcapáxinas personalizados empregando a cortadora láser Mr.Beam, aglomerado, paciencia, cariño e a guía do meu fabuloso compañeiro de nivel.

O obxectivo era intentar crear algo que fose sostible, vinculado cos nosos valores educativos, fóra do sinsentido consumista ao que ás veces nos vemos abocados sen querer...

O último día de colexio cando chegaron a clase as persianas estaban baixadas e todo estaba oscuro, e só iluminados por uns faroliños de Bolboretas uns sobres cos seus nomes enriba das mesas...

Fixemos tamén un repasiño polas nosas experiencias compartidas durante estes dous cursos, e reflexionamos sobre o mellor e o mellorable.

Acompañar ás bolboretas foi un proceso de aprendizaxe mutua ben interesante e enriquecedor, e espero que tan fermoso para elas/es como para min!


Vídeo do proceso

Comentarios

Entradas populares