Tecer (proposta de educación artística e patios dinámicos).

 "A Educación Artística non son manualidades". O curso pasado cando visitamos Reggio Emilia esta foi unha das ideas que se implantou na miña cabeza (antes xa a rondaba) tras ver en primeira persona os ateliers e coñecer con máis profundidade o traballo das/os atelieristas. Este ano cando visitamos as escolas Waldorf en Berlín, alí estaban de novo os TEARES...

Na nosa aula levamos dous cursos observando como os vermes de seda tecen as súas crisálidas e decidimos intentar imitalos iniciándonos no que chamamos "arte téxtil". Primeiro entrenando técnicas en papel e logo con lá.

O que en principio era un experimento artístico acabou sendo o motor de semanas de momentos compartidos entre nenas/os de diferentes niveis en lugares nos que libremente decidían tecer, como o recreo 😱😍

Tecéronse momentos de colaboración, ensinanza entre iguais, etc. Sen a dirección dunha persoa adulta, nós só puxemos lás e cartóns e o demais foi xurdindo naturalmente... Ía ter razón Malaguzzi niso de que "o espazo é o terceiro mestre...".


Vídeo proposta

Comentarios

Entradas populares