Benvida curso 25-26
Despedida curso 24-25:
Acábase o meu 8° curso como mestra funcionaria da educación pública e sigo sendo consciente do afortunada que son, pero tamén da responsabilidade que temos de contribuir a que a escola pública sexa compensadora de desigualdade-
Como sempre, agradezo o bo:
- Continuar cun grupo co que xa compartiches un curso permite seguir creando un vínculo fundamental para a aprendizaxe.
- Sigo aprendendo moito exercendo como coordinadora do primeiro ciclo, este curso tiven a sorte de seguir compartindo nivel cun compañeiro excepcional.
- Disfrutei moito profesionalmente e personalmente na ruta pedagóxica que realizamos en Berlín para coñecer escolas Waldorf e Fröbel con @coloresrutaspedagogicas e da experiencia de acoller a alumnado francés no centro dentro do marco da acreditación de Erasmus+ conseguida co noso English Team.
- Seguimos traballando no grupo de horta e conseguimos entre outras cousas construír un composteiro, instalar en colaboración coa ANPA un rego automático, etc.
- Seguimos "criando" vermes de seda en clase e tamén galiñas de Mós nunha incubadora.
- Disfrutamos máis da nosa contorna realizando excursións a espazos naturais preto do centro.
Agradecemento:
- Ás familias, gracias pola colaboración e confianza.
- Ao alumnado, por seguir compartindo procesos xuntas/os con tanta ilusión.
- Aos compis, sobre todo a @jacobogjusto por ser un compañeiro de nivel marabilloso.
- A outras personas indispensables, como Merce, porque a comunidade educativa somos todas/os.
- Ás asociacións coas que colaboramos e das que aprendemos moito, sobre todo a ser solidarias e mellores personas: @balrial (recollida de alimentos), @gnhabitat (talleres natureza, visita á contorna da Torre), etc.
Comentarios
Publicar un comentario