Detalle benvida curso 25-26

Crear un clima de aula positivo facilita os procesos de aprendizaxe, e isto podemos construilo dende os primeiros momentos.

Crear "intriga" e emoción polo camiño compartido que temos por diante tamén...

Por iso continúo coa "tradición" de deixarlle ao meu alumnado un detalliño de benvida nas súas mesas que ten relación coa temática do centro para este curso.

Este curso 25-26 seguimos o camiño iniciado dende a horta escolar dando un pasiño máis cara a sostibilidade. Reflexionaremos sobre as pegadas que deixamos no camiño e tentaremos que sexan o máis verdes posibles en tódolos eidos (ambiental, social, etc.).

Espero que o curso 25-26 esté empezando o mellor posible para todas/os!



Comentarios

Entradas populares