Presentacións (dinámicas de presentación para inicio de curso).
As dinámicas de presentación son fundamentais para fomentar a cohesión do grupo e para obter información sobre os seus integrantes.
A primeira que realizamos foi "A pegada que deixo": cada persona de clase deseñou a pegada que deixa facendo un autorretrato na planta e debuxando en cada "deda" unha cousa que lle gusta moito. A continuación presentámonos usando como apoio os nosos debuxos.
A segunda foi "Este curso gustaríame": cada persona da aula escribiu cousas que lle gustarían facer este curso na escola, cos amigos/as, coa familia, etc.
O obxectivo destas dúas dinámicas foi coñecernos un pouco máis e cohesionar o grupo atopando puntos en común, gustos compartidos, etc. e que eu coñecese ao grupo.
Ambas dinámicas de presentación fixémolas tendo en conta o noso lema deste curso "procuremos que os nosos actos deixen sempre unha pegada verde no camiño...".




Comentarios
Publicar un comentario