Reunión inicial coas familias (ideas e recursos).
Un dos momentos claves do inicio do curso é a reunión inicial coas familias. Nos procesos educativos, somos varias as figuras que acompañamos ás nenas/os polo que me parece moi importante coidar este tipo de reunións.
Na miña recibinas na aula, pedinlles que buscasen o lugar da súa filla/o (cada equipo cooperativo ten un carteliño co nome dos membros enriba da mesa) e fixen o seguinte:
Realicei unha presentación cos aspectos máis relevantes: equipo docente, obxectivos, metodoloxía, proxectos de centro, colaboración familias-aula, colaboración familias-escola, etc.
Cada familia tiña no sitio da súa filla/o un tríptico con información relevante para que non tivesen que anotar todo e pudiesen estar máis "tranquilas/os".
Realizamos unha dinámica para que tivesen un momento de participación e promover unha interacción distendida. Cada familia escribiu na pegada que simboliza a temática do PDI deste curso cousas que lles gustaría conseguir (en relación á súa filla/o, á escola, etc.), límolas e pegámolas no que esperamos que sexa un camiño compartido.
Ao día seguinte ás nenas/os fíxolles moita ilusión buscar a mensaxe das súas nais e pais no camiño... Falamos sobre as mensaxes e como podemos axudarlles a cumplilas.





Comentarios
Publicar un comentario