Creación de equipos cooperativos: a tripulación.

Este trimestre, na nosa aula, navegamos xuntas!

​Para dar comezo ao curso e fomentar o traballo en equipo, realizamos unha dinámica moi especial chamada "A Tripulación".

​O noso gran reto non era só decorar un barco bonito, senón entender que nun equipo cooperativo cada persoa ten unha misión fundamental para que o barco chegue a bo porto. Sen unha capitá que dirixa, sen unha vixía que repare no material, ou sen un timonel que controle os tempos, o noso barco podería naufragar.

​Así o fixemos:

​1️⃣ Identidade do equipo: Cada equipo cooperativo elixiu un nome mariñeiro para o seu barco (cada trimestre cambiaremos os equipos).

2️⃣ Asignación de roles: Repartimos as tarefas do barco e do equipo. Todas temos responsabilidades (cambiarán mensualmente).

3️⃣ Creación das mariñeiras/os: Debuxámonos como parte da tripulación e fixamos as nosas imaxes no noso barco.

🛥️​ O resultado é este mural que preside a aula e que nos lembrará cada día que todas/os somos necesarias/os para navegar!











Comentarios

Entradas populares