Naúfragos do tempo: avaliación inicial e motivación da escritura

Náufragos/as do tempo... 🌊✏️

​O inicio de curso é crucial para coñecerse e para coñecer tamén o punto de partida do alumando. Pero, como facer unha avaliación inicial de escritura de forma motivadora? 

​Nós intentámolo con está dinámica: "Náufragos/as do Tempo" inspirada na temática mariña que será o fío condutor para o PDI neste curso.

​Obxectivos:

👀 ​Observación directa: Unha oportunidade xenial para tomar nota das súas habilidades de escritura sen que sintan presión.

✨​ Motivación: O formato de botella e o concepto de náufrago resultoulles atractivo.

✏️​ Fomentar a expresión: Escribir unha mensaxe para si mesmas/os foi un reto de introspección e creatividade.

​O proceso:

1°. ​Explicamos o concepto de náufrago/a.

2°. ​Convidamos a escribir a súa "mensaxe nunha botella" (que queren aprender/facer este curso).

3°. ​Recortar, enrolar a mensaxe e pegala na botella.

4°. ​Crear o mural final!

Unha forma lúdica e creativa para "avaliar" sen facer exames!







Comentarios

Entradas populares