Reunión inicial coas familias: presentación, tríptico e dinámica de cohesión.

Navegando xuntas/os... chegaremos a bo porto! ⛵️

O inicio de curso é un momento de ilusión, novos retos e moitas emocións. Por iso, na reunión inicial de familias quixen que este proxecto non o comezásemos só na aula, senón xuntas/os, remar na mesma dirección!

A nosa temática deste ano é "Somos xente de mar", e para que este barco navegue co mellor rumbo, realizamos varias propostas:

1️⃣ Presentación e tríptico informativo: Un resumo claro e visual de todo o curso para que a información máis relevante estea sempre ao alcance da man.

2️⃣ Dinámica de cohesión: Inspirada na actividade que fixemos co alumnado, preparamos unha botella xigante na que cada familia escribiu a súa mensaxe en papel envellecido empezando pola frase: “Este curso gustaríame...”, gardámolas na botella e ao día seguinte límolas con alumnado. 📜✨

Lendo estas mensaxes tan cheas de agarimo e bos desexos lembramos a importancia de facer equipo entre escola e familia.

Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa participación, acollida e por sumarvos a esta viaxe! 









Comentarios

Entradas populares