Familias e pandillas (táboa do 100)

 Táboa do 100: familias e pandillas! 💯✨






Para comprender o sistema de numeración traballamos coa terminoloxía ABN de familias e pandillas: 
 
🏡 As familias empezan polo mesmo número , comparten a mesma decena (a familia do 30: 31, 32, 33...).  

👯 As pandillas rematan pola mesma cifra e baixan de dez en dez (a pandilla dos que acaban en 4: 4, 14, 24, 34...).  

Deste xeito, non memorizan de forma mecánica, senón que visualizan patróns e entenden como se constrúen os números. Este tipo de "xogos" coa táboa do 100 serven para:

🎯 Localizar números mediante coordenadas espaciais (cruces de familias e pandillas).

🧠 Favorecer o cálculo mental e a lóxica comprendendo patróns numéricos (avanzar de 1 en 1 ou de 10 en 10) de forma manipulativa e sen memorización mecánica.

💻 Ademais, o taboleiro de madeira que ves nas imaxes foi fabricado por nós mesmas empregando a impresora láser Mr Beam. Innovación e metodoloxía ABN da man! 🪵✨

Comentarios

Entradas populares