Iniciación á suma
En 1º introducimos a suma conectando as matemáticas co outono.
👐🏼 Manipulación e correspondencia: Tocar as castañas e vincular cada cantidade co seu número en madeira dálle un significado real aos símbolos.
ℹ️ De onde provén a nomenclatura? Os vínculos numéricos (ou lazos) e a estrutura parte-parte-todo baséanse na teoría do ensino matemático anglosaxón (Number Bonds e Part-Part-Whole), popularizada polo modelo de Singapur.
💡 O concepto: é unha idea sinxela pero poderosa. Un número ("o todo") está composto por outras cantidades máis pequenas ("as partes"), construíndo as bases da suma de forma visual e intuitiva.
Aprender experimentando coa nosa contorna conecta a aula e a realidade fóra dela!





Comentarios
Publicar un comentario