Samaín (contacontos, cabazas, matemáticas, arte, etc.)
"Somos xente de mar" tamén no Samaín! 🎃✨
Este ano en 1º de Primaria fusionamos a maxia do noso Samaín coa temática mariñeira da escola, vivindo unha experiencia chea de aprendizaxe, tradicións e moita diversión. Mirade todo o que fixemos:
1️⃣ Lembramos a orixe celta: Descubrimos o sentido orixinal e a tradición ancestral desta data.
2️⃣ Contacontos especiais: Mergullándonos nas historias de "O noso Samaín" de @galaxiaeditorial e "La rebelión de las verduras" de @penguinrandomhouse
3️⃣ Preparación da cabaza: Vaciamos e limpamos a nosa propia cabaza en equipo entre 1ºA e 1ºB.
4️⃣ Secado de sementes: Gardamos e secamos as sementes para manter vivo o "ciclo" da horta.
5️⃣ Minilibros sobre o Samaín: Lemos e descubrimos máis curiosidades a través de minilibros.
6️⃣ Motricidade fina: Creamos pulseiras terroríficamente chulas.
7️⃣ Propostas artísticas e matemáticas: Xogamos a ser espías do Samaín con fichas de observación e arte.
8️⃣ Disfraces e PDI: Vinculamos os nosos disfraces co proxecto documental integrado, mergullándonos nas profundidades mariñas ("Dive into the deep")!
9️⃣ Educamos en valores: recollemos lixo no recreo na nosa "nasa" e reflexionamos sobre os plásticos que atopamos tirados...
🔟 A nivel de centro: disfrutamos de contacontos das familias na biblioteca, pasamos polo túnel do terror creado polo English Team, facemos truco ou trato entre todos os grupos do centro fomentando as expresión oral a través de cancións e conversas en inglés, etc.
Porque disfrazarse e celebrar tamén pode ser unha fonte marabillosa de aprendizaxe. 🌊💙














Comentarios
Publicar un comentario