Proxecto: O noso corpo

 O NOSO CORPO: Coñecernos, crear e convivir en equipo 🧩📏










​Neste primeiro trimestre, nas áreas de ciencias, estamos a mergullarnos nun proxecto moi especial para descubrirnos a nós mesmos/as, explorar o noso corpo e atopar o noso lugar no mundo. 🌍💙

​Para levalo a cabo, puxemos en marcha unha proposta vivencial en equipos cooperativos (seguindo os roles de Pere Pujolàs):

1️⃣ 📏 Escolleron á persoa máis baixa do equipo.

2️⃣🖍️ Debuxamos a súa silueta a tamaño real nun gran papel.

3️⃣🎨 Deseñaron e colorearon a súa propia roupa e detalles.

4️⃣ ✏️ Investigaron e escribiron as partes do corpo nunhas frechas coa pauta de "pisos" ou Montessori en galego.

​Con esta actividade non só traballamos a expresión artística e a escritura en lingua galega, senón que aprendemos a verdadeira esencia de aprender a convivir, axudarnos e respectar os ritmos dos demais a través do xogo simbólico e o traballo en equipo.

Comentarios

Entradas populares